09 de mayo de 2016
Curso de iniciación á apicultura na Estación Científica do Courel
A Estación Científica do Courel acubillará nas súas instalacións de Seoane os días 14 e 15 de maio un curso de iniciación á apicultura impartido por profesionais da Asociación Galega de Apicultura. As sesións formativas programadas ao abeiro desta actividade desenvolveranse en quenda de mañá e tarde, en horario de 11.00 a 14.000 e de 16.00 a 19.00 horas.
O prazo de inscrición neste curso de iniciación á apicultura permanece aberto ata o mércores 11 de maio. As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula no enderezo de correo electrónico
info@apiculturagalega.es ou a través dos números de teléfono 981 508 142 e 981 589 534. A inscrición é de balde para os socios de AGA e o custe para as persoas non asociadas é de 50 euros, taxa que inclúe un manual de apicultura.